Retos da orientación laboral na actualidade
O cambio de paradigma laboral consecuencia da pandemia e da frenética transformación do mundo laboral debido ás novas tecnoloxías xeraron diversos retos ás administracións e entidades de emprego, onde se viu a necesidade de desenvolver metodoloxías innovadoras de orientación capaces de abarcar a demanda de persoas en desemprego en constante aumento.
A publicación https://neock.es/ charla sobre estes temas con Xosé Alberte Cea, orientador laboral con máis de vinte anos de experiencia.
Na reportaxe abórdanse temas como a temporalidade, o *teletrabajo e a *externalización dos servizos como algunhas das últimas tendencias, que dan como resultado que “o emprego xa non é *sincrónico, nin é un lugar ao que acudir, nin unha listaxe fixa e permanente de tarefas”.
Isto xera un contexto de inestabilidade onde as competencias transversais cobran especial importancia, sendo as máis relevantes son a de adaptación, xunto coa comunicación e o traballo autónomo. Ademais, obviamente as competencias dixitais son claves, tanto no traballo como na procura activa de emprego.
Respecto de como se aborda o aumento da demanda de emprego, Xosé Alberte ve diferenzas entre a administración pública e o terceiro sector. Así, a administración pública está a encargarse de cuestións máis macro (deseño de programas, implementación de tecnoloxía, etc.) incluíndo aquí a creación do Centro de Orientación, *Emprendimiento e Innovación para o Emprego. Do outro lado, as entidades do terceiro sector ocúpanse de cuestións máis micro e lideran cambios metodolóxicos importantes como as Lanzadeiras de Emprego ou proxectos de inserción laboral en lugares sen substitución xeracional. Por último, tamén se sinalan entidades e profesionais que seguen pensando que se pode orientar sen a dixitalización.
Fonte: https://neock.es/los-retos-de-la-orientacion-laboral-en-la-actualidad
Detalle da noticia
Ligazóns de interese
Accede desde aquí a outros portais de institucións e organismos relacionados coa Rede COE.
- Portal do Centro Estatal da Rede COE
- Portal do Sistema Nacional de Emprego (SNE)
- Portal do Servizo Público de Emprego Estatal (*SEPE)
- Portal da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae)
- Portal do Ministerio de Traballo e Economía Social
- Compoñente 23 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia